miércoles. 04.06.2025

O Folión Os Viticultores celebrou o seu decimo aniversario cun desfile e unha Festa de Sopas de Allo

Os sons dos bombos, aixadas e gadañas encheron as rúas de Vilamartín de unión, tradición e amizade 

Moito maís que un simple desfile, é unha maneira de manter viva unha tradición coa unión e a amizade. O Folión Os Viticultores cumpriu unha década desde a súa creación e para celebralo organizaron este gran desfile de folións, seguido da sexta edición da Festa das Sopas de Allo.

O acto comenzou, baixo unha intensa chuvia, co pregón a cargo de Marina, do Folión de Tameiron, e Concha, do Folión de Carracedo da Serra. Os maís pequenos foron os encargados de pedir o permiso para tocar, marcando o inicio oficial da festa. 

Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín, recoñeceo e agradeceo a presenza de cada un dos folións participantes facendolle entrega dun agasallo, que consistiu nunha placa de pizarra grabada.

somoscomarca_20250222_vilamartin_desfilefolions_sopasdeallo_osviticultores (18)

A partir dese momento, os bombos e aixadas encheron as rúas de Vilamartín coa forza e enerxía dos folións. Nesta edición, ademais de Os Viticultores, participaron os grupos de Carracedo da Serra, Tameirón, Petín, Chandrexa de Queixa, O Fiadeiro de Trives, O Irrio de Castro Caldelas, o Folión de Sobrado de Trives e O Can de San Roque de Vilardevós.

somoscomarca_20250222_vilamartin_desfilefolions_sopasdeallo_osviticultores (4)

Unha vez rematado o desfile, ás 14.30 horas, comenzou no Bañadoiro a Festa das Sopas de Allo, que chegou a súa sexta edición. Os máis de 350 asistentes o evento  poideron degustar: aperitivos, empanada, sopas de allo, morro a galega, ovos a galega, chourizos cocidos, bica, café, licores e bebidas. Ao remate destas suculentas viandas todos os presentes continuaron a festa, da mellor forma posible, bailando ao ritmo do grupo Maritxell.

somoscomarca_20250222_vilamartin_desfilefolions_sopasdeallo_osviticultores (14)

 

O Folión Os Viticultores celebrou o seu decimo aniversario cun desfile e unha Festa de...