O Concello de Vilamartín foi o beneficiario dunha subvención que leva por nome "Cultura no Camiño". O principal obxectivo desta axuda é promover as actividades entorno a esta ruta Xacobea.
A festa comezará este 19 de xullo cunha actividade teatral ás 21:00 da man de Cris Collazo, Chafallas; A Vendedora de Fume. Xa o 20 de xullo estará cheo de accións dende a mañá ata vén entrada a noite. O Teatro Cubo presentará "Utopía Rodante: de Vilatriste a Vilalegre" ás 12:00. A hora de xantar será organizado polo AMPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino.
Sinalar que as entradas para esta xuntanza xa están esgotadas. A pesar de isto, Sherezade Núñez anima «a todas as persoas que se queiran acercar O Bañadoiro coa súa propia comida que o fagan».
Para poder seguir desfrutando, ás 16:30, a piscina municipal acollerá colchonetas acuáticas e unha festa de espuma. Ás 21:00 ofrecerase unha pancetada popular, rematado este acto, sobre ás 23:00 comezará o concerto de Momboi Band —entrada gratuíta—. Para que a festa non remate, a partir da 1:00 unha discomóvil e disyoqueis.