viernes. 30.05.2025

Dotan de novo material o CEIP Xosé Manuel Folla Respino

A petición facíana a principios de curso, pero só fai uns días que chegaba ese novo material 
Dotan de novo material o CEIP Xosé Manuel Folla

O material dos centros educativos acabase volvendo vello e, as veces, chega a romper. Para que os nenos e nenas do CEIP Xosé Manuel Folla Respino poidan gozar o máximo de seu comedor, e de algunha instalación máis, dende a directiva pedíaselle á Consellería de Educación que se se proporcionara novo material ao centro. 

A directora do centro, Noelia Bao, explica cales foron eses elementos que chegaron para remplazar os antigos. «A maiores das mesas e das cadeiras para o comedor, tamén recibimos un frigorífico, material para educación física e psicomotricidade». Esta petición facíase xa a principios de curso, a pesar de que dende o colexio pensábase que non ía chegar, «pero bueno, foi chegando agora como regalo de Reis». 

O mobiliario co que se contaba hasta agora, estaba moi usado xa que dende que se abrira o colexio non se volvera a cambiar. «Aínda por riba o frigorífico daba problemas, quixémolo arranxar, pero o técnico explicounos que non nos valía a pena», explica Bao. 

Aberto o prazo de reserva de prazas

O prazo de reserva de prazas estará aberto ata o día 5 de febreiro, «para todo aquel alumnado que queira vir o centro, será benvido», asegura a directora do centro. O que engade: «Contamos cun servizo de madrugadores, este trimestre empezouse con novas actividades extraescolares. Os luns club de lectura creativa. O martes e xoves temos multideporte». Para o ano que ven, estase planeando ampliar esa oferta de actividades. 

¿Como se debe facer a reserva? A solicitude pódese facer a través da sede electrónica ou, se se prefire, pódese ir de maneira presencial ao colexio para poder coller a folla do trámite. 

O entroido no Xosé Manuel Folla 

«Agora que xa se acerca o entroido, temos pensado baixar a vila e na praza —en colaboración co Concello, a AMPA e posiblemente cas mulleres rurais do concello—, fagamos actividades como xogos tradicionais», conta a directora. Dende o colexio, piden a colaboración de todos os pais e nais para que traian doces típicos destas datas para compartilos no local do AMPA. 

O xoves día 8, todos os alumnos do colexio terán a opción de disfrazarse de maneira libre. A maiores, o luns, martes, mércores e venres, terase que seguir as normas que propoña o Meco. 

Dotan de novo material o CEIP Xosé Manuel Folla Respino