jueves. 28.03.2024
somoscomarca_premios_poesia_florencio_corgomo_2021_10_16 (1)

O terceiro premio de poesía Florencio Delgado Gurriarán, amosou aos súa vencedora e finalistas o pasado sábado cunha gala celebrada no pobo natal do poeta, Córgomo. Ao acto acudiu Eilún del Pazo, gañadora desta edición, pero tamén finalista.

Este último galardón chegou grazas a "Destecedoira", na que fala de desamor hacia unha persoa querida. En cambio "Da memoria do mencía" texto co que colleitou o primeiro posto fala da figura dos avós e a vida do rural que moitas veces está denostada.

A perda do seu avó, o dó da súa avóa, as cepas que dan as uvas cas que se fai o viño e a súa ligazón ca vida tamén inspiraron a poeta a hora de facer o texto, nun berro destinado a non perder a importancia da vida do rural.

A viguesa, comezou a escribir grazas a un profesor do seu instituto chamado Leandro, quen a animou a participar nas revistas escolares e participar en concursos. Del Pazo considera que a figura destes mestres son moi importantes para expresar os talentos artísticos.

Con raíces en Pantón, coñeceu o premio buscando en Internet. A poeta recoñece que non sabía da existencia do concurso e tampouco de Florencio ata fai uns meses. Por elo considera importante este tipo de eventos para visibilizar a cultura e escritores como Delgado Gurriarán, a que considera importante xa non a nivel artístico, se non como persoa.

A gala celebrada o pasado sábado significou a súa primeira vez en Valdeorras, malia que a súa nai residiu na zona, pese a iso confirma que volverá a comarca. Eilún del Pazo, sincérase no momento de salientar que sen os seus avós non sería a persoa de hoxe en día.

Para a escritora sen eles non estudaría veterinaria, nin o seu obxetivo sería ir a vivir ao rural unha vez remate a carreira e moito menos escribiría poesía. Destaca que os xóvenes moitas veces non se mudan ao campo por falta de medios, pero é necesario para conectar cas raíces.

O premio, dotado con 3.000 euros o invertirá nun máster relacionado cos seus estudos.

Eilún del Pazo, pasado, presente, a cultura e o viño que valeron un triunfo