miércoles. 04.06.2025

Diversión e reivindicación con un toque de fariña no Entroido de Vilamartín

En total foron 15 as comparsas participantes máis un folión os que cos seus bailes e sons  encheron Vilamartín de Entroido

A Rodeleira era un fervedeiro de cores e animación xa desde primeira hora da tarde, desde alí saíu o desfile de Entroido que levou a animación pola rúa principal até a Praza José Luís Núñez onde unha chocolatada con churros e orellas agardaba aos centos de paricipantes.

Foron en total 15 as comparsas que desfilaron aos seus ritmos, piratas, trogloditas, xardineiros e flores, masais, pianos, polos e pitas…todos aportaron as súas gañas de pasar unha tarde animada e diverida.

somoscomarca_vilamartin_entroido_desfilecomparsas_2023 (7)

«Os Ampaxogos», comparsa da comunidade educativa do colexio de Vilamartín Xosé manuel Folla Respino, foi a encargada de abrir o desfile e o folión da casa «Os Viticultores» de cerralo. Entre medio «Os Fargalleiros da Ruada» da Rúa Vella, «Os Mosqueteiros de Asfaval», «A Prehistoira de Quereño»,  «Piratas do Sil», «Howarts Gurriarán», «Fondo Marino», «Pianos loucos, troula da Rúa», «Os Masais de Rubiá», «As Granxeiras», os «Piratas del Caribe» ou «Bienvenidos al Valhalla».

somoscomarca_vilamartin_entroido_desfilecomparsas_2023 (25)

As comparsas máis reivindicativas «Os Zamarreiros» de San Vicente  que traían o arranxo da súa estrada ao entroido cunha caricatura do presidente da Deputación incluído e «En  que xardín me metín», que ca súa temática quixo que o incendio da Veiga de Cascallá no quede no esquecemento.

somoscomarca_vilamartin_entroido_desfilecomparsas_2023 (37)
Churos, chocolate e orella á chegada a Vilamartín

Non faltou que a tradición da man dun alcalde pícaro e divertido  «enfariñara» todo o que se lle achegara.

somoscomarca_vilamartin_entroido_desfilecomparsas_2023 (18)
San Vicente reivindicou o arranxo da súa estrada

Vilamartín desfrutou dun desfile divertido e cheo de vida nunha tarde de calor e calor.

 

Diversión e reivindicación con un toque de fariña no Entroido de Vilamartín