
O texto de Eilún del Pazo Moa, Da memoria do Mencía gaña a terceira edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán. Os outros finalistas foron: Eu fun meteorito de Maurizio Polsinelli; Papas de María Comesaña Besteiro e Escila de Arancha Rodríguez Fernández —finalista por segunda vez deste premio—. Eliún tamén foi finalista con Destecedoira.
Presentáronse 136 poesías das cales aceptáronse 121 e as 15 restantes foron desbotadas. «Dous deles por presentarse fora de prazo e os restantes por non cumprir as bases do concurso», segundo informou Debora Álvarez Moldes , actuando como secretaria do premio-
O xurado reunido onte por última vez de xeito telemático formárono: Inma López Silva, Ledicia Costas Álvarez, Rosa Enríquez Noya, Xurxo Manuel Souto Eiroa, Raúl Gómez Pato. Débora agradeceulles o seu esforzo e sinalou que no momento que se estaban a proclamar os premios aos finalistas estáballes chegando un correo coa decisión do xurado. «En este momento hai uns correos que estaban programados para que cheguen esta hora », puntualizou.
O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, deu as grazas aos presentes en particular a Amancio Díaz concelleiro do Concello de Petín e a Aurelio Blanco Trincado Presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses que presidiron o acto de entrega.
Gala de entrega dos premios Florencio Delgado Gurriarán
Álvarez Barreiro comunicou o que se ía facer na gala de entrega que se celebrará o vindeiro sábado 16 de outubro, ás 12:30 horas na Aira dos Bolos, en Córgomo. Contarase ca presenza dos membros do xurado así como los finalistas e a gañadora do premio.
A gala estará conducida por Sergio Losada Macías membro do antigo grupo de teatro Pisabarro de Veigamuiños de Valdeorras . Actuará tamén Sr. Jingles, quen estreará unha nova versión sobre un texto de Florencio Delgado Gurriarán