
Hai un ano, o 17 de maio, Córgomo convertíase na capitalidade da cultura galega, un fito que puxo a aldea vilamartinesa no punto de mira e que despois dun ano quere seguir estando aí.
A Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo «para non deixar decaer o espírito do que vivimos o ano pasado», organizan o 17 de maio unha feira de produtos artesanais na Aira dos Bolos de Córgomo.
Mel, viño, aceite, artesanía; produtos da terra que se poderán mercar e catar desde ás 11.00 ás 14.00 horas. Desde a asociación corgomesa queren «agradecer a todos eles o esforzo que van facer», din referíndose aos que van estar nos postos cos seus produtos o vindeiro mércores en Córgomo.

O vermú, licores e comida preparada envasada poderá atoparse no posto da Horta de Fina e Mar. Lucas traerá o bo da súa tenda do Barco a Córgomo.
Non fai falla saír da aldea de Florencio xa que o viño de Viñaredo tamén estará na praza dos Bolos.
En canto a mel poderase degustar e mercar en dous postos o de «mel do Tío Miguel» e o de «O Marquesado».

Terras Guigurras aportará o ouro líquido da nosa terra, o aceite. Casa Tomada dará unha nova oportunidade aos libros e Barbudos amosará licores de sabores que nin imaxinas.

Sonia achegará o doce á feira coas Bicas de Raigada e Matilde servirá talladas de pulpo.
A artesanía corre a cargo de Spoombini e Artesanía Enxebre, tanto Christian coma Sara seguro que amosarán o seu arte de traballara a madeira ao vivo
Poderase ademási percorrrer as rúas desta marabillosa aldea onde aínda queda moitos do feito o pasado ano: o mural de Orde Caos, o de Chere, as borellas con obras e frases de Florencio pintadas para aquela ocasión, a rúas ben coidadas e adornadas....

«Agradecemos dende a Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo a súa moi boa colaboración e agardamos que os veciños de Valdeorras veñan visitarnos. Tamén mostramos o noso agradecemento ao Concello de Vilamartín por colaborar con música e outros traballos de acondicionamento do lugar», subliñan desde a asociación.
