miércoles. 18.06.2025

Unha antoloxía poética para achegar a obra de Florencio a todos os públicos

A presentación é o próximo domingo 27 de marzo en Vilamartín de Valdeorras e estará precedida dun roteiro arqueolóxico pola vila guiado por José Fernández

 

somoscomarca_roteiro_corgomo_florenciodelgado_06_02_2022
Unha antoloxía poética para achegar a obra de Florencio a todos os públicos

O próximo domingo 27 de marzo preséntase en Vilamartín de Valdeorras o libro «Florencio Delgado Gurriarán. Unha antoloxía poética». A obra, de Editorial Galaxia, é unha selección de poemas realizada por Margarida Pizcueta e Débora Álvarez, impulsoras do proxecto As Letras de Florencio, e que inclúe un prólogo de Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega.

Esta nova antoloxía foi concebida para achegar a obra de Florencio a todos os públicos, incluindo a súa faceta de tradutor, e na súa presentación estarán tamén Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, e Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses.

A presentación do libro será ás 12.30 no centro Social Santa Lucía e previamente farase un roteiro arqueolóxico por algúns dos vestixios históricos que se atopan nos arredores de Vilamartín. Guiado por José Fernández, presidente da Sección de Arqueoloxía do IEV, o roteiro partirá as 11.00 da mañá do CEIP Manuel Folla Respino dende onde se camiñará ata os restos dunha explotación aurífera de época romana que se atopa en Valdegodos e despois ata os petroglifos do Bosque.

Unha antoloxía poética para achegar a obra de Florencio a todos os públicos