miércoles 8/12/21
Carretera San Agustín, Viana do Bolo
Carretera San Agustín, Viana do Bolo

Dende o partido socialista detallan que rematan 3 anos de loita polo vial de San Agostiño que consideraban tercermundista

O grupo socialista de Viana do Bolo celebra as obras da estrada de San Agostiño. Dende o PSdG-PSOE falan de varios anos de loita para que se arranxase esa vía de comunicación, lembrando que no 2018 propuxeron iniciar as xestións para poder levar a cabo o proxecto.

Así no pleno do 24 de maio de 2018, os socialistas presentaron a primeira moción das moitas que levarían a pleno e na que solicitaban que se xestionase dende o Concello unha xuntanza de traballo coa empresa Endesa-Enel e a Deputación Provincial de Ourense co obxectivo de analizar a fórmula para facer as obras.

Tamén recalcan que o grupo de goberno, daquelas en mans de Secundino González do BNG votou en contra, polo que os socialistas optaron pola presentación dunha nova moción, na que solicitaban que se crease unha comisión, integrada por un concelleiro de cada un dos grupos políticos da corporación e que deste xeito, se iniciasen as xestións pertinentes.

Os socialistas lembraron a andaina levada a cabo o 1 de xullo do 2018, onde faltou o xa ex-alcalde Fernández nin os daquelas concelleiros do Partido Popular. Para o PSdG-PSOE parte do éxito acadado ven a través do por entón deputado provincial socialistas e alcalde de Petín, Miguel Bautista.

A comisión foi recibida pola Deputación de Ourense e aceptou comezar as negociacións con Endesa, que desembocaron finalmente na sinatura do convenio coñecido.

O PSdG-PSOE de Viana celebra o arranxo da estrada de San Agostiño