I Ruta Cicloturista de Viana do Bolo
18 de diciembre de 2023 (14:20 h.)
Esta ruta ten como lema: "Debuxando sorrisos con bicicleta"
Os alumnos do CEIP Bibei farán un percorrido en bicicleta mañá, día 19 de decembro, a partir da 10.30 h.
O que farán é a I Ruta Cicloturisa "debuxando sorrisos en bicicleta".
Irán desde o cruce de Edroso, pasando polas residencias de maiores, centro de saúde e centro social. Tamén farán unha pequena visita polo casco antigo do municipio.
Irán co reforzo de protección civil, policía local e voluntarios. Os participantes son os nenos e nenas de primeiro curso de educación primaria ata os de sexto curso.
O que se pretende é promover unha vida saudable, pero tamén poder unir aos máis pequenos coas persoas máis maiores que se atopan nos centros residenciales.