Licitada a obra para mellorar a rede de abastecemento de Raigada (Manzaneda)
Como xa viña avanzando o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, tiñan un «plan» para facer unha obra na rede de abastecemento de Raigada. Fai case dous meses o rexente aseguraba, para outra entrevista a Somos Comarca, fixeran «os proxectos e enviamos a documentación pertinente. Nestes días xa nos comentaron que estaba todo ben».
Despois de este tempo, a mellora, enmarcada no Plan Provincial da Deputación de Ourense, xa está licitada. En total afectará a uns «500 metros lineais en dous barrios do pobo». A zona de actuación foi elixida polos múltiples problemas, «xa nos últimos dous anos levamos tido moitas fugas». O custo total está estimado en «47.900 euros», anuncia o alcalde.
O prazo de execución da obra é de «tres meses. Aínda que vamos intentar que se faga o antes posible», explica Fernández. Desta maneira, o que intentará é trastornar o menos posible o consumo de agua dos veciños de Raigada.