Ferida unha muller en Trives ao sairse da estrada o seu vehículo

Ferida unha muller en Trives ao sairse da estrada o seu vehículo
A muller sufriu unha indisposición e perdeu o control do vehículo, aínda que a primeira vista non se observaron lesións de importancia, foi trasladada ao Hospital Público de Valdeorras para someterse a observación.

Unha muller foi trasladada ao Hospital Público de Valdeorras tras sufrir un accidente na estrada que une Pobra de Trives coa Encomenda, preto da Casa da Cultura de Trives.

A muller tivo unha indisposición e perdeu o control do vehículo, aínda que  a primeira vista non se observaba lesións significativas, foi trasladada ao hospital do Barco para someterse a observación.

O servizo de emerxencias do 112 recibiu a chamada de emerxencias sanitarias avisando do accidente. Desde  o CIAE-112 Galicia deuse aviso a Protección Civil de Trives, GES de Castro Caldelas e Garda Civil de Tráfico