Os concellos de Terras de Trives inician o seu obradoiro de emprego en conxunto

Os 4 municipios que conforman a comarca de Terras de Trives, San Xoán de Río, Manzaneda, A Pobra de Trives e Chandrexa de Queixa comezaron co seu primeiro obradoiro de emprego en conxunto

Este martes os alumnos do primeiro obradoiro de emprego posto en marcha polos 4 concellos que forman a comarca de Terras de Trives comezaron ca súa actividade que prolongarán durante os vindeiros 9 meses. Neste prazo de tempo formaránse de forma teórica e práctica cobrando a súa vez un soldo.

En total son 20 os alumnos seleccionados, 5 por cada municipio participante, e conta cun presuposto de 350.000 euros aportados pola Xunta de Galicia, e 24.000 de cada concello. O rexedor de San Xoán de Río, Xose Miguel Pérez, subliña que neste último apartado os consistorios pode que teñan que aportar algo máis debido a que quizás sexa necesario ante os gastos iniciais.

O obxetivo e beneficiar aos desempregados desta agrupación de localidades que en moitos casos, tal e como salienta o alcalde de Río, non contan con estudos suficientes para acceder a obradoiros de maior nivel ou a diferentes postos de traballo.

Así con esta formación en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes poderán acceder a un certificado profesional que lles de saída no mundo laboral da zona e tamén a posibilidade, en caso de ser necesario nun futuro, a novos obradoiros.

Pérez, explica que parte dos alumnos son parados de longa duración, algúns deles que quedaron sen emprego en crisis económicas anteriores, polo que xa levan anos sen poder