A Xunta impartirá un curso sobre apicultura en Quiroga
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a semana que ven un curso sobre o novo regulamento da produción ecolóxica, sendo o previsto para o Concello de Quiroga o vindeiro 29 de setembro. O mesmo falará sobre a apicultura nunha zona de gran producción de mel.
A xornada, que se desenrolará na Casa da Cultura, estará dirixida a todos aqueles interesados en desenvolver a súa traxectoria no sector da apicultura ecolóxica. Nesa liña, estudaráse o mercado existente ao respecto e axudarase a comprender as posibilidades de comercialización, así como as novas tendencias e demandas dos consumidores. A maiores, darase a coñecer o novo regulamento sobre a produción ecolóxica e etiquetado dos produtos ecolóxicos.
Cunha duración total de sete horas, en concreto pola mañá tratarase a produción ecolóxica e a evolución do seu consumo en Galicia, a nova normativa ecolóxica relacionada coa apicultura, a comunicación ambiental e o cálculo de pegada de carbono, así como o mercado da produción apícola ecolóxica. Xa pola tarde, realizarase unha visita práctica.
Cómpre apuntar que estas accións están dirixidas en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.