martes. 23.04.2024

Dende o Concello de Quiroga péchanse os espazos públicos non imprescindibles ante o avance da pandemia por COVID-19

Tras o anuncio das medidas restrictivas que tomou a Xunta de Galicia Julio Álvarez, alcalde de Quiroga, informaba das medidas que vai tomar o consistorio para evitar contaxios pola COVID-19 ñ, que son as mesmas que xa se tomaran no mes de outubro.

Como medida preventiva, péchanse todos os servizos non imprescindibles que supoñen a aglomeración de persoas. Así clausuranse as instalacións deportivas, os parques infantís e as instalacións do Centro Social. Tamén se suspenden todas as actividades culturais e lúdicas que poidan congregar un número importante de persoas.

Dende a alcaldía recoméndase cumprir cas medidas sanitarias marcadas polo goberno autonómico, debido tamén a existencia de casos positivos por Coronavirus na vila, apelando á tranquilidade da cidadanía e instando, non obstante, a continuar coa vida normal de cada veciño.

Quiroga pecha varios espazos públicos para previr a COVID