lunes. 27.05.2024
somoscomarca_quiroga_casadoconcello_2022 (21)
Quiroga acolle dous cursos de formación sobre novas tecnoloxías

A aula Cemit da Casa da Cultura de Quiroga acollerá dous novos cursos de formación sobre o uso das novas tecnoloxías, dentro do programa RUS-TICs, un dos Programas de promoción da participación social da Fundación Impulsarse (Agrupación Redevital).

Trátase de dous cursos. Un de iniciación ás redes sociais Facebook, Instagram e Twitter e o outro sobre como realizar vídeochamadas para uso persoal e profesional a través de WhatsApp, Duo, Skype, Teams e Zoom.

O de iniciación ás redes sociais desenvolverase do 20 ao 24 de maio entre as 9:00 e as 12:00 h.; mentres que o outro será os mesmos días pero en horario de 12:00 a 14:00 horas.

Son programas dirixidos a mocidade, a familias en dificultade para a súa inserción, e persoas con discapacidade, persoas maiores e poboación en xeral que se atope en situación de vulnerabilidade, pero sobre todo dirixidos especialmente ás persoas do rural en xeral.

Aqueles que estean interesados en participar nun ou nos dous cursos, deberán de anotarse a través do teléfono da Casa da Cultura, o  982.43.51.25 ou a través do 698.127.315. 

Quiroga acolle dous cursos de formación sobre novas tecnoloxías