martes 7/12/21

Julio Álvarez salientou a próxima construcción do cemiterio municipal e a creación dunha praza en Quiroga

O Concello de Quiroga ten entre os proxectos a realizar neste 2021, o cemiterio municipal e a creación dunha praza no centro do pobo tras a derruba de 2 edificios que estaban en ruinas e ademáis eran un foco insalubre no casco urbán.

Julio Álvarez, alcalde do municipio, afirmou respecto ao camposanto, que este será laico, o primeiro da localidade, saíndo fai uns días a licitación das obras e este venres, en previsión de que o pliego de condicións administrativas non teña aceptación por parte dos empresarios, recibiron un crédito de 300.000 euros por parte dunha entidade bancaria para que as instalacións sexan unha realidade.



Esto é unha vía alternativa de financiación, xa que esperan que algunha empresa poda encargarse da construcción que leva aparexada a concesión do cemiterio durante 50 anos. Todo co fin de que dende o consistorio non se perdan cartos, poñendo únicamente 75.000 euros do presuposto final.

Respecto a nova praza que están a construir en pleno casco urbán, Julio Álvarez salientou que era un proxecto que levaba perseguindo dende os seus comezos como alcalde fai 34 anos.



Neste lugar realizarán un espacio de lecer con un parque incluido. Para poder chegar a facer realidade o proxecto tiveron que mercar un edificio antigo e derrubalo conseguindo en primeira instancia unha zona de 300 metros cadrados. Agora tras ser autorizada a derruba da construcción contigua gañaran outros 400 para ofertar unha praza de 700 metros cadrados.

Unha novedade que en verbas do rexedor servirá para mellorar a estética a hixienizar a contorna. «Era un tapón urbanístico que pechaba Quiroga hacia o casco vello» salientou Álvarez recordando que o 2021 será un ano de moito traballo, pero con moita inversión para cambiar a fisionomía urbanística da vila.


Julio Álvarez: «Vai a ser un ano de dar un cambio a fisionomía de Quiroga»