viernes. 29.03.2024
Feira do Viño de Quiroga e Festival Celtibérico 2022 (93)
José Luis Rivera en la inauguración de la Feira do Viño de 2022

Hoxe o ex-Concelleiro quirogués, José Luís Rivera confirmou que presentarase as eleccións municipais do próximo mes de maio cunha lista independente, o nome escollido para esta agrupación é "IxQ (Independentes por Quiroga)".

Rivera é a alma mater da Agrupación de Gaitas San Martiño de Quiroga dende xa fai 30 anos, foi tamén un dos precursores e impulsores da posta en marcha da Feira do Viño de Quiroga facéndose cargo dela e das festas de Quiroga durante 40 anos, tamén formou parte da directiva de diversas asociacións que se crearon no pobo. A todo isto únese a súa experiencia como empregado de banca, agora xa xubilado decide dar un paso á fronte e presentarse como cabeza de cartel nas eleccións municipais do 2023.

"Xa temos pechados varios integrantes para a nosa candidatura" apunta Rivera e "nos próximos meses iremos desvelando nomes" son persoas que se incorporan á política con ilusión e ganas de traballar polo noso pobo, veciños de todas as idades e representativas da sociedade quiroguesa.

"Independentes por Quiroga nace como un partido trasversal centrado única e exclusivamente nos intereses dos veciños/as, buscando outro xeito de facer política, estamos integrando persoas de todas as sensibilidades, facendo que as diferencias non sexan as que nos separen senon as que nos unan"

Neste proxecto hai espazo para todos, é un proxecto integrador buscando fundamentalmenete: o asentamento da poboación máis nova,  a igualdade de oportunidades e a liberdade e a convivencia pacífica, "este último punto pode parecer extraño, pero calquera persoa que viva en Quiroga entenderá a que nos referimos", apuntan fontes do novo partido.

Preguntado sobre o novo candidato do Partido Popular, Rivera expresou "que foi unha sorpresa xa que non estaba relacionado co partido e habendo xente moi válida dentro do mesmo para ocupar ese cargo optouse por unha persoa de fora".

Para concluír Rivera incidiu en que "Quiroga non pode seguir costa abaixo e sen freos" e dada a situación actual de crise tanto económica como social, "pretendemos ilusionar a veciñanza con este novo proxecto e traballar todos xuntos polo benestar dos quirogueses e quiroguesas".

Nace o Partido Independentes por Quiroga con José Luís Rivera á cabeza