As Festas de Quiroga, un 10 rotundo

Fotografia: Redes Concello de Quiroga
A Panorama, Monta do Mel, Luar na Lubre, circo, grande tirada de fogos de artifício..., todo suma e todo segue e para, seguro, para mellorar

Un ano máis, Quiroga viviu unhas Festas de Verán para lembrar. O domingo 10 de agosto foi, sen dúbida, a xornada máis emblemática, e o pobo respondeu como sempre: con praza chea, ánimo desbordante e unhas actuacións á altura das expectativas.

Así estaba o campo onde actuou a Panorama

A orquestra Panorama puxo o broche de ouro cun espectáculo que fixo vibrar a todos, convertendo a noite nunha auténtica festa multitudinaria. Se é domingo, o tempo acompaña e actúa Panorama… o éxito está asegurado.

Pero non todo foi música nocturna. A xornada arrincou coa tradicional alborada a cargo do grupo de gaitas local O Recanto, que encheu as rúas de sons tradicionais. A continuación, vermú con Noallkansas na Praza Rúa Lago, perfecto para ir quentando motores.

. Foto: Redes do Concello de Quiroga

E. pola mañá tamén abriu as súas portas a Mostra do Mel, onde os apicultores da zona amosaron o mellor da súa produción, un pracer para a vista e o padal.

O alcalde, José Luís Rivera e outros concelleiros do grupo de goberno inaugurando a Mostra do Mel. Foto: Redes do Concello de Quiroga

Pola tarde, a praza acolleu o espectáculo “Circo Doble Espresso” de Desaustronauts: acrobacias en trapecio, tea aérea, hula hoops e moita destreza e humor. Unha proposta fresca e divertida que deixou ao público coa boca aberta.

“Circo Doble Espresso” de Desaustronautas. Foto: redes do Concello

E xa de noite, o momento máis esperado: ás 23:00 horas, no aparcamento do CEIP de Quiroga, Panorama estreou o seu Epic Tour 2025, con luces, música e posta en escena de primeiro nivel. Unha actuación que fixo que ata as tradicións se adaptasen, xa que os fogos artificiais —previstos para ese día— trasladáronse a hoxe luns para non competir coa súa apoteose musical.

Un momento da actuación da panorama. Foto: Redes do Concello de Quiroga

A xornada anterior tamén fora intensa: Luar na Lubre trouxo a súa maxia folk, e o tributo a Joaquín Sabina a cargo de Conductores Suicidas encheu de emoción e nostalxia a Rúa Real.

Luar na Lubre en Concerto. Foto: Redes do Concello de Quiroga

As festas despediranse neste luns 11 de agosto por todo o alto: ás 22:30 horas, gran tirada de fogos de artificio e, a continuación, concerto do grupo América de Vigo na Rúa Real. Pero a diversión non remata aquí: antes de que remate agosto xa se agardan as Festas de Qui-romsa, onde castrexos e romanos nos farán viaxar a outros tempos.

Festa Qui-Roma o pasado 2024

Unha edición máis, Quiroga demostrou que sabe celebrar, sabe acoller e sabe converter unhas festas en algo moito máis grande: nun encontro de xente, música, tradición e alegría. Un 10 rotundo para unhas festas de dez.