
Un ano máis, a Asociación Cultural San Bartolomé de Hospital celebra a Festa do Peregrino este oito de junio. Nesta ocasión cumpre a súa décima sexta edición. Fernando García, presidente da organización, recorda que todo naceu «porque querían reivindicar o Camiño de Inverno».
De feito, «eu sempre acordo que era o Camiño Real». Entón, para que non se perderan estes costumes, o anterior presidente, comezou a promocionalo e «así seguimos».
A xornada comenzará no campo da festa da Ribeira ás 18:15 para tomar a saída no Castelo de Torrenovaes ás 19:15. Pasando por Caspedro, San Xulián e Hospital na que haberá unha misa do peregrino ás 20:00.
Ás 21:30 farase unha cea —táboa de embutidos, toritas, carne o caldeiro, sobremesa, café e chupito— no Mesón Ferreiriño con todos os participantes. O prezo será de 18 euros para os socios e de 20 euros os non socios.
Para a cea hai que anotarse no propio establecemento. O último día será este 5 de xuño, aínda que os que se inscriban máis tarde tamén serán «benvidos».