
Papá Noel visitará a vila mañá, 23 de diciembre. Todas as actividades cumprirán cas medidas protocolarias Anticovid
O Concello de Quiroga puxo en marcha un concurso co que premiará o deseño, a orixinalidade e a estética coa que se decoren aquelas partes das vivendas ou establecementos da vila que poidan verse dende a rúa.
Con este concurso o municipio pretende animar a que particulares e establecementos podan dotar e dar máis visibilidade á época de Nadal, á vez que se axuda ao comercio incentivando as compras, posto que os premios son vales para gastar no comercio local.
Xunto con este concurso o pasado venres produciuse o encendido do alumeado nas rúas da vila, así mesmo tamén reabríronse o Centro Social para a Terceira Idade cunha xornada especial de bingo, os parques a Casa da Cultura e o Pavillón Municipal.
O xogo das Trasnadas do Oso Queirugo, unha especie de busca do tesouro que levará nos vindeiros días aos participantes a recorrer unha ducia de lugares emblemáticos do municipio, é outra das actividades que se puxo en marcha nesta xornada.
No apartado deportivo, se ben este ano non haberá torneo de fútbol sala, os que o desexen poderán participar no I Torneo de Pádel entre o 26 e o 29 de decembro.
Papá Noel ou os Reis Magos visitarán Quiroga nas últimas xornadas do 2020 e nas primeiras do 2021, todas as actividades cumprirán cas medidas protocolarias anti Covid.
Imagen de archivo.