
A localidade da Seara, pertencente ao Concello de Quiroga, xa conta cun local social. O mesmo foi promovido polos residentes da localidade, recuperando así un punto histórico para a reunión e as diferentes festas que se van a poder celebrar unha vez a pandemia da covid sexa únicamente un mal recordo.
Foi o pasado sábado cando se realizou o acto inaugural, ao que acudiu a asociación de veciños, quenes resaltaron a importancia deste lugar para A Seara.
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, agradeceu, en nome do equipo de goberno, a invitación á inauguración desta remodelación na que o concello participou economicamente, nun proxecto no que se xuntan a xente para facer unha obra cun fin social.
Este local social foi financiado con axudas económicas da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga. Os veciños da Seara recuperaron un antigo “curro” onde se xuntaban, facían reunións sociais ou se organizaban bailes. Tras pasar anos en estado de abandono, os veciños decidiron que era o momento de recuperar este lugar que en décadas anteriores uniu a veciñanza.
Na inauguración non faltou a música, residentes que tocan en diferentes grupos musicais e unha integrante da orquestra Sinfónica de Galicia para animar unha tarde que, malia a chuvia foi de ledicia para este pobo de 20 habitantes.