jueves. 28.03.2024

Este evento lévase a cabo dende o ano 2012, e tivo que ser adaptado a situación derivada da pandemia pola covid-19

A Confraría do Viño de Quiroga participou un ano máis nos actos da Feira do Viño. Ademais de estar presentes nos actos de inauguración da feira o día 24, os membros desta Confraría desfilaron como é tradicional pola rúa Real a modo de previa deste evento.

Así os confrades, ataviados co seu traxe de gala que inclúe capa, sombreiro e nesta ocasión tamén máscara, percorreron a travesía principal da vila quiroguesa, dende a Casa Consistorial ata o Auditorio Municipal.

O evento estivo presidido polo Confrade Maior, o alcalde quirogués Julio Álvarez, e polo presidente da Confraría, J. Manuel Rodríguez. A tradición remóntase ao ano 2012, que foi cando se fundou esta congregación, que conta dende entón con 23 membros. O número de membros é invariable, soamente se renovan cando queda algunha vacante, como ocorreu no ano 2019 cando entrou a formar parte desta institución a primeira muller confrade.

O que este ano non se pudo facer foi a cata dos viños participantes na feira debido a pandemia da covid-19 e a finalidade de evitar posibles contaxios polo virus. O cometido dos confrades na cata dos viños era detectar calquera problema de cor, sabor ou olor que puidesen presentar as mostras dos viños artesanais que estaban inscritos para a feira, que previamente xa pasaran análises nun laboratorio.

A antesala da Feira do Viño de Quiroga tivo como protagonistas aos cofrades