Volve arder a montaña de Montefurado

Nestes momentos o lume chega ó pobo do Ermidón onde unha vivenda foi presa das lapas

Nestes momentos estase a queimar o monte preto de Montefurado, no pobo do Ermidón, onde unha das vivendas está a arder nestes momentos. O lume  propágase a gran velocidade. Segundo nos informan desde o lugar, están a traballar na súa extinción dous helicópteros, unha brigada de montes, varias motobombas e os bombeiros.

O pasado 2 de

xullo outro lume producíase no mesmo termo municipal, daquela por riba do túnel

romano, preto da N-120 e da vía férrea.

Ampliaremos a información a medida que vaian chegando datos.

Incendio visto desde Os Albaredos nada máis comezar ao fondo O Ermidón