viernes. 29.03.2024

Segundo as primeiras estimacións, afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas

Segundo a información que achega a Consellería do Medio Rural, o lume forestal que se iniciaba ao redor das seis da tarde na parroquia de Montefurado —pertencente ao concello lugués de Quiroga—, segue activo.



O incendio iniciouse ás 17,32 h. desta tarde e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. Para controlar este incendio mobilizáronse 6 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas, 7 helicópteros e 1 avión.



A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.


Segue activo o incendio forestal de Montefurado