lunes. 27.06.2022

Segundo as últimas estimación da Consellería de Medio Rural afectou unha superficie de 140 hectáreas

Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia de Montefurado, quedou estabilizado ás 13:00 h.

O incendio iniciouse ás 17:32 h. de onte e, segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 140 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. Para controlar este incendio mobilizáronse 1 técnico, 15 axentes, 36 brigadas, 18 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Estabilizado o incendio forestal de Montefurado