viernes. 19.04.2024

Na noite do oito de agosto, sobre as 21:00h, un particular informou dun incendio en Pumares ao 112,  indicando que se trataba de lume nunha vivenda.

De inmediato o 112 avisou aos bombeiros do parque provincial de Ourense, aos GES e á Garda Civil. Os primeiros en chegar ao lugar foron os GES. Unha vez no punto indicado, estes notificáronlle aos bombeiros que non facía falla a súa presencia, xa que o que ardía eran unhas herbas ao carón dun alpendre.

Os estragos foron unha pequena extensión de herba, sen chegar a afectar a casas nin veciños. Sendo estes últimos os que extinguiros o lume.

Conato de incendio en Pumares