viernes. 04.10.2024

Débora Álvarez: «O proxecto quere ser ente legal para poder seguir crecendo»

Débora Álvarez

A directora de As Letras de Florencio di que a iniciativa persigue convertirse nunha fundación ou asociación, con entidade para representar á historia de Valdeorras

A conmemoración do Día das Letras Galegas en Valdeorras non se entende sin falar de Florencio Delgado Gurriarán, o escritor valdeorrés por excelencia. Sexa quen sexa o homenaxeado ese ano, os valdeorreses sempre lembran esa reivindicación que se leva anos facendo, e que dende hay dous, xa se fai oficialmente dende o Proxecto As Letras de Florencio.

Ao seu frente está Débora Álvarez, quen continúa a elaborar propostas coas que exaltar a figura do poeta e da comarca. «É unha meta moi complicada, hai moitos candidatos e figuras emblemáticas que o merecen; se nos toca, perfecto, senón, as actividades que fixemos nos terán ensinado quén era Florencio».

Á espera de obter financiamento de organismos da Administración coma a Deputación Provincial, Álvarez conta que o proxecto quere «seguir adiante co I Premio de Poesía e coas xornadas de conferencias». Pero hai máis.

«Hai moito potencial na historia de Valdeorras. Queremos atraer investigadores que se interesen pola nosa comarca, que se involucren no coñecemento sobre Florencio e Valdeorras», comenta Débora Álvarez. Para iso, entende que o proxecto debería traballarse dende un ente formado «que nos axude a guiar a nosa labor; en forma de asociación, cooperativa, fundación ou ente legal». No momento actual, o proxecto está «a averiguar as posibilidades que as leis culturais nos ofrecen».

Se queres escoitar a entrevisa completa feita a Débora Álvarez, podes facelo na seguinte ligazón:

Débora Álvarez: «O proxecto quere ser ente legal para poder seguir crecendo»