A IV Cea Popular de Petín dá o pistoletazo de saída á Feira de 1812
22 de junio de 2024 (09:24 h.)
Máis de 130 de persoas congregáronse na vila para degustar o variado menú ideado e organizado pola Asociación Cultural Fonte Grande
Esta é unha fin de semana grande para Petín coa XI Feira de 1812, que onte arrincaba coa cuarta edición da cea popular. Ás 22:00 horas, na rúa da Igrexa, comenzaba este banquete cun menú composto por: empanada, lagostinos, redondo de tenreira con minestra de verduras, brazo de xitano, bebidas e café.
Todo organizado pola Asociación Cultural Fonte Grande nunha noite na que o tempo acompañou —e parece ser favorable para o resto da fin de semana—.