jueves. 28.03.2024

Barco. O Barco arrancou este sábado o gran día coa celebración da XXI edición da Festa do Botelo, unha cita imprescindible da gastronomía, que reuniu a centos de persoas na localidade para desfrutar duns dos produtos por excelencia na comarca. 

A xornada comezaba no Teatro Lauro Olmo, onde esta mañán coa intervención da poetisa e presentadora valdeorresa Fátima Delgado e a posterior actuación do Orfeón Valdeorrés que interpretou tres pezasVeñen os VentosO Barco de Valdeorras e o Himno do Botelo, esta última peza no medio dun gran ambiente festivo onde no faltou o humor. 

Este acto deu paso á mención de honra deste ano, que este ano recaiu en Adela Pombo Fernández, cociñeira que traballou durante 37 anos no colexio Conde de Fenosa do Barco e xa xubilada. Nun video, o Concello rendiu homenaxe a Pombo a quen lle entregaron un agasallo deseñado polo artista barquense Roi Dominguez, da man do alcalde do Barco, Alfredo García e a concelleira Margarita Pizcueta.

No vídeo realizado por Cristina de la Torre, alumnos e corpo docente —Carmela, Xoaquín, Modesto e Natalia— lembraron a grande laboura de Pombo, muller e cociñeira que contribuiu a mellorar a educación e o amor pola comida da comarca e que deu de comer a miles de nenos en Valdeorras. 

somoscomarca_obarco_festadobotelo_pregon_botelo_2023 (2)
Adela e Marinita ante a mirada de Alfredo García e Margarida Pizcueta

«Adela te voy a extrañar nadie cocinaba mejor que tu, me gustaría que volvieras», son algunhas das mensaxes que trasladaban os nenos nas imáxenes, que puxeron a nota de cor desta Festa, na que se servirán ata 150 kilos de chourizo, 500 de patacas, 150 bicas e 700 botellas de viño.

somoscomarca_obarco_festadobotelo_pregon_botelo_2023 (4)
Adela coa estatua do artitas tas barquense Ropi Domínguez

Como non podía ser doutra maneira, xunto a homenaxeada o Concello requeriu a presencia da outra muller que lle axudou durante os últimos anos no comedor, Marinita, a quen lle entregaron un ramo de flores.

somoscomarca_obarco_festadobotelo_pregon_botelo_2023 (5)
Adela recibe a estatuiña de mans do alcalde Alfredo García

De seguido, chegou un dos pratos fortes, co pregoeiro, Federico Pérez Rey, actor e monologuista galego, quen puxo en valor o seu amor polo botelo xa dende a súa infancia, nun pregón, onde non faltaron grandes doses de humor. 

somoscomarca_obarco_festadobotelo_pregon_botelo_2023 (13)
Fátima Delgado presentaba o acto

Cun «Viva o Botelo do Barco», o rexedor Alfredo García deu por inaugurada esta festa, na que tamén estiveron en calidadde de convidados representantes da Confraría do Butelo de Bragança.

somoscomarca_obarco_festadobotelo_pregon_2023 (3)
O pregoeiro Federico Pérez Rey recibiu unha estatua de Xelo de Tremiñá

Pechou o acto a concelleira de Cultura cunhas breves palabras de agradecemento dirixidas os asistentes: «Había ganas de festa e aínda máis de botelo». Ao longo da xornada, os participantes poderán desfrutar deste produto estrela da gastronomía, no medio dun gran ambiente festivo no que non faltará a música dos pasarrúas.

somoscomarca_obarco_festadobotelo_pregon_2023 (7)
A concelleira coas dúas cociñeiras

A XXI Festa do Botelo arranca cunha sentida homenaxe e un pregón cargado de humor