viernes. 20.06.2025

Viloira e Alixo celebraron o San Martiño con procesión e magosto

Magostos e tempo cálido  caracterizan o San Martiño e un e o outro é o que estes días se desfruta na comarca

O San Martiño e sinónimo de magostos, de bo tempo e de matanzas. Non en vano antigamente polo San Martiño tiñan lugar as primeiras matanzas e a festa celebrábase co marisco do interior, a carne de porco.

O santo francés que viviu no século IV é célebre por estas dúas cousas: o «veranillo» —temperaturas máis altas que de costume, aínda que co cambio climático case que é verán todo o ano— e pola matanza do cocho de aí a expresión que «a todo porco lle chega o seu San Martiño».

En Viloira e Alixo celebrárono con bombas de palenque a primeira hora da mañá, procesión do santo, misa e unha comida acompañada de bullotes.  Aínda que o gran magosto de Viloira será pola tarde.

En Viloira os gaiteiros de Abertal acompañaron ao santo dende a igrexa á praza dende onde se retornou a igrexa entre o son das bombas e os cánticos.

somoscomarca_231111_alixo_sanmartiño_iglesia_vistapanoramica_ (9)
Os veciños de Alixo contáronnos como era antes o san Martiño

En alixo a procesión discorreu ao redor da igrexa de vistas espectaculares sobre o val do Sil, entre o ocre dos castañeiros e o verde das hedras. Os veciños pedíronlle ao santo o arranxo da igrexa que queimou o gran lume do verán pasado e  que os libre das pestes que segundo eles é o seu cometido.

Ao remate da misa comida nas antigas escolas dos veciños no quen non faltarán as castañas asadas e un «licorciño» para que pasen ben pola gorxa.

somoscomarca_231111_alixo_sanmartiño_iglesia_vistapanoramica_ (13)
Non hai festa sen bombas

Día a lenda que San Martiño partiu a súa capa para abrigan a un mendigo que estaba espido e morto de frío polo que Deus recompensouno cuns días de temperaturas agradables para frear o fríos do inverno que está a chegar.

somoscomarca_231111_alixo_sanmartiño_iglesia_vistapanoramica_ (17)
O San Martiño entrando na igrexa de Alixo

Viloira e Alixo celebraron o San Martiño con procesión e magosto