domingo. 05.07.2026

DiverVerán encherá de xogos e diversión o Malecón do Barco

A actividade desenvolverase desde o martes 7 ata o venres 10 de xullo aproveitando as últimas horas da tarde para gozar dunha alternativa de lecer ao aire libre
somoscomarca_aportela_hinchablesagua_festassanvitoiro (3)

O Concello do Barco abre unha nova edición de DiverVerán, unha das actividades máis esperadas polos máis pequenos durante as vacacións estivais. O parque de inchables, con atraccións tradicionais e tamén propostas acuáticas para combater a calor destes días, instalarase nas pistas deportivas do Malecón.

A actividade desenvolverase desde o martes 7 ata o venres 10 de xullo, en horario de 19:00 a 22:00 horas, aproveitando as últimas horas da tarde para gozar dunha alternativa de lecer ao aire libre.

Durante catro xornadas, os nenos e nenas poderán desfrutar dun espazo pensado para o xogo e a convivencia nun dos puntos de encontro habituais do verán barquense. A iniciativa forma parte da programación estival organizada polo Concello do Barco para ofrecer actividades dirixidas ao público infantil e familiar.

DiverVerán encherá de xogos e diversión o Malecón do Barco