jueves. 28.03.2024

Desenvolveráse do 8 ao 12 de xullo no Edificio Multiusos do Barco

O Salón do Edificio Multiusos do Concello do Barco será escenario dun obradoiro sobre a gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais que ten entre outros obxectivos os de impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das Comunidades de Montes Veciñais, favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.



Así mesmo entre as intencións do obradoiro pasa por espertar o interese dos propietarios de terras e das persoas xóvenes desempregadas da contorna, interesadas en activalas de cara a un rendemento produtivo e divulgar e acadar o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar e consolidar o seu desenvolvemento a medio prazo.

O horario será de 16 a 19 horas durante os 5 días onde cada un deles acudirán diversos poñentes para falar dos diversos temas co que conta o obradoiro.



O primeiro día falaránse das iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común, o día seguinte sobre a gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes.

O terceiro día falaráse da fiscalidade da comunidade de montes, na cuarta sesión sobre a titularidade e defensa da integridade nos montes veciñais en man común e por último o obradoiro abarcará sobre os instrumentos de ordenación e xestión forestal.

Este obradoiro está organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.



Fotografía María Fernández

Un obradoiro ensinará no Barco sobre as comunidades de montes veciñais