Silfest 2025 estreará a cata máis atrevida con cócteles valdeorreses e sabor a terra

«Pinga na lingua. Atréveste?», unha proposta única que mestura innovación, territorio e moito sabor.

Dentro do programa de actividades do Silfest Valdeorras 2025, a gastronomía e os produtos da comarca tamén teñen o seu momento protagonista coa cata “Pinga na lingua. Atréveste?”. A cita será este sabado 5 de xullo ás 18:30 horas no recinto do festival, e estará conducida pola recoñecida enóloga Cecilia Fernández, que promete deixar a todos “abraiados”.

Esta nova proposta nace coa intención de dar visibilidade e valor aos produtores locais de bebidas, como Barbudos ou Destilerías de Galicia, que levan anos apoiando ao festival como patrocinadores. «Queremos poñer en valor o que se fai aquí, e facelo dunha maneira divertida e diferente», asegura Cecilia.

A actividade consistirá nunha cata de catro cócteles exclusivos elaborados con produtos autóctonos:

  • Cóctel con gin de mosto da zona, unha creación de Terras Vigurras.

  • Cóctel con herbas e mel do Marquesado, cun toque de aceite tamén valdeorrés.

  • Cóctel con licor café e limón, máis refrescante para o verán.

  • E unha cuarta proposta sorpresa, pensada para as últimas horas da tarde.

Para equilibrar os efectos dos combinados, a organización ofrecerá un pequeno ágape con acompañamento doce e salgado: froitas, gominolas, bombóns de aceite e algo de chocolate. «Non queremos que a xente saia voando de alí», comentou entre risas a enóloga.

No es el cesto de Manzanas de Cezane, pero es un bodegón muy nuestro y este lo puedes catar y maridar en el Silfest

Este evento tamén busca complementar as tradicionais catas de viños que se viñan facendo en edicións anteriores, e ofrecer unha alternativa que poña o foco en outras bebidas da comarca, como destilados e licores. Unha maneira distinta de explorar o sabor de Valdeorras, da man de profesionais do sector e sempre co selo Silfest.