domingo. 08.06.2025

Un relatorio do instituto Lauro Olmo do Barco premiado no «Congreso de Jóvenes Expertos»

«Sola en mi nube voy" o relatorio de Carolina Rodríguez e Jessica Herrero do IES Lauro Olmo do Barco galardoado como «Ponencia más innovadora» no congreso organizado polo «Museo de la Energía» de Ponferrada xunto coa Universidade de León e o Centro Asociado UNED Ponferrada
somoscomarca_240213_ponferrada_ieslauroolmo_ciudenecomparsas5894 (1)
O relatorio de dúas alumnas do Lauro Olmo galardoado como o máis innovador polo «Museo de la Energía» de Ponferrada

O alumnado do Club de Ciencias do IES Lauro Olmo participou, este venres 16 de Febreiro, na 5ª edición do «Congreso de Jóvenes Expertos» organizado polo «Museo de la Energía» de Ponferrada xunto coa Universidade de León e o Centro Asociado UNED Ponferrada.

O relatorio co enfoque máis innovador: "Sola en mi nube voy" de Carolina Rodríguez Durango y Jessica Herrero Anta del IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, foi o galardoado.

somoscomarca_240213_ponferrada_ieslauroolmo_ciudenecomparsas5894 (2)

Este ano, a temática do congreso centrábase no «Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 5 (ODS 5): Igualdade de xénero» proposto pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

As dúas comunicacións presentadas polo IES Lauro Olmo «XY no incluye XX. Salud e inequidad de género» e «Sola en mi nube voy. Sesgos de género en asistentes virtuales y chatbots» foron seleccionadas polo comité técnico para participar no congreso, sendo esta última galardoada co premio a «Ponencia más innovadora».

somoscomarca_240213_ponferrada_ieslauroolmo_ciudenecomparsas5894 (3)

Carolina Rodríguez Durango y Jessica Herrero Anta presentaron o traballo premiado polo Museo de la Energía, no que subliñaron que a elección do título foi porque: «Es una de las respuestas que más nos ha llamado la atención. Ya que así comienza la canción de Alex cuando le preguntas si tiene novio».

«Empezamos el trabajo desde la premisa lanzada desde el departamento Educación y Género de la Universidad de Stanford de que investigar mal puede costar vidas y dinero», significan as alumnas do Lauro Olmo que presentaron o traballo cuxa exposición íntegra veredes e escoitaredes no seguinte vídeo:

 

Un relatorio do instituto Lauro Olmo do Barco premiado no «Congreso de Jóvenes Expertos»