Presentación de «40 anos ao servizo da Galiza», en Valdeorras
María González Albert, deputada do BNG no Parlamento galego; Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre; Roberto Quiroga, responsábel comarcal do BNG e Suso Vilasánchez, portavoz municipal do BNG no Concello do Barco presidiron o acto ao que asistían históricos vencellados ao BNG, en Valdeorras
O segundo andar da Biblioteca do Barco acollía o libro asinado por Manuel Anxo Fernández Baz, que recolle os acontecementos máis destacados da historia do BNG que o pasado 26 de setembro cumpría 40 anos.
Máis de 400 fotografía, algunha delas inéditas, na que Valdeorras está presente nalgunha delas tal como significou Álbert «hai xente da comarca».
O libro 40 anos ao servizo da Galiza. BNG, 1982-2022, editado por la Fundación Galiza Sempre contou coa presenza do presidente desta formación, Rubén Cela, quen destacou: «Estamos a celebrar por todo o país que en setembro de 1982 nacía no Frontón da Coruña o Bloque Nacionalista Galego. E, é evidente ca historia dun país é un suspiro, pero 40 anos para unha organización política é moito tempo». « A Través dun libro coma este estamos a recoller e sintetizar o que foron 40 anos de traballo, 40 anos de loita e poñelo en valor co conxunto da militancia e simpatizantes do por todo o país», salientou.
Pola súa banda, Suso Vilasánchez —quen tomou a palabra en primeiro lugar—, despois de agradecer a presenza dos asistentes e presentar aos intervintes, destacou as verbas dun psicólogo alemán, «Un longo pasado e unha breve historia» que lle fixeron de fío condutor a súa intervención. «Isto —referíndose ao libro 40 anos ao servizo da Galiza que sostiña nas mans— é a historia do BNG desde vai 40 anos. É unha historia breve?, non o sabemos. O pasado é moito máis longo», subliñaba, e partir de aí coa súa elegante e fina ironía fixo un repaso polos acontecementos que se poden ver no seguinte vídeo.
O 26 de setembro de 1982, no Frontón de Riazor na Coruña, fundouse o Bloque Nacionalista Galego. En conmemoración desa data, sae a luz este libro na que a través de imaxes e textos amosase o pasado para entender o pasado e o presente do nacionalismo galego.