
Cristian Escuredo será o pregoeiro das Festas do Cristo 2016. Anunciouno esta mañá a concelleira de Cultura, Margarita Pizcueta, na presentación do programa, que este ano dura sete días, do 8 ó 14 de setembro. Esta ampliación da celebración débense á apretada axenda do actor e cantante barquense, que ese días se desprazará ó Barco dende Valladolid, onde estará co seu espectáculo Priscilla reina del desierto. Así que o pregón abrirá o cartel das festas o xoves 8 de setembro na Praza Maior.
O que lle seguirá nos seguintes seis días é unha sucesión de actividades para tódalas idades e gustos, sobre todo musicais, encabezando o programa o grupo La M.O.D.A. que actuará o sábado 10. E de quen foi idea? De Juan, un veciño que respostou á chamada da Concellería de Cultura para que se mandasen propostas para as festas. Así o destacou a concelleira Margarita Pizcueta, sinalando que outra veciña pediu música rap e decidiuse contratar o concerto de Sokram, que actuarán ese mesmo día.
A variedade musical é unha das características do programa deste ano, que inclúe o punk de Novedades Carmiña, o soul de Smokey Blue, as baladas de Son do Sil, as versións de Miguel Arias, os cantos de taberna de Pándega e a as bandas do Barco e Compostela entre outros. A outra característica é a aposta pola música local. Ademáis de Son do Sil e Miguel Arias, ambos da comarca, haberá un festival de bandas locais no que participarán Placeres solitarios, SdeRap&Torfy e Big Crunch, que gañaron o concurso do Festival Cultura Quente á mellor maqueta. E onde están as orquestras? Pois a París de Noia actuará o martes e o día grande, o mércores 14, actuará a orquestra Armonía Show.
A concelleira de cultura, Margarita Pizcueta, destacou que decidiron reservar as orquestras para estes días xa que en fin de semana duplicaban a súa tarifa, e con esa diferencia podían organizar máis cousas. No plano deportivo haberá fútbol, coa visita do Deportivo B, atletismo, coa Milla Urbana, e piragüísmo. Este ano, o Descenso do Sil cumpre o seu 50 aniversario e dende o Concello queren celebralo organizando unha festa cos piragüístas que será, o mesmo sábado do descenso, no campo da festa.
A moda das food trucks, tamén no Barco
Rilla no río é o nome do evento que este ano se suma por primeira vez ás Festas do Cristo e que supón un encontro de food trucks (furgóns de comida) con mercado vintage e música. O promotor do evento, José Manuel García, explicou que levan organizado varios en Galicia e León e que o resultado é moi positivo «tamén para os negocios locais, porque moita xente se anima a xantar fóra e dinamiza o espazo da festa». García destacou que virán entre dez e doce furgonetas e priorizarán a gastronomía da zona nos menús que ofrezan. Xunto ás furgonetas haberá música e un mercado vintage e de artesanía ó que asegura que invitaron a deseñadores da comarca: «Arredor das furgonetas sempre se crea moi bo rollo e procuramos unha integración co mercado local».
A presenza desta comida de rúa será sen dúbida unha das novidades da paisaxe festiva do Cristo, e neste senso a concelleira de Cultura lanzou un reto: «Gustaríanos que algún hostaleiro local se animase a crear unha boteloneta e ofrecer tapas ou pratos típicos de aquí». Sen querer «rompre tradicións», Pizcueta tamén destacou que a presenza de comida na rúa está pensada para que a xente estea na festa «da mañá á noite» e ninguén teña por que pasar as festas cociñando na casa.
A que sigue é a programación completa por días:
Xoves 8 setembro
- 20.30 Praza Maior. Pregón Cristian Escuredo
Venres 9 setembro
- 13.00. Campo da festa. Rilla no río, encontro de food trucks
- 18-20.00 Pavillón vello. Obradoiro de cabezudos
- 19.00 Praza Andrés de Prada. Tío Miseria, guiñoles da compañía Fantoches Baj guiñol
- 19.00. Campo da festa. Rilla no río, encontro de food trucks
- 20.30 Praza Maior. Festival grupos locais: Placeres solitarios, SdeRap&Torfy, Big Crunch
- 23.30 Campo da festa. Concerto Novedades Carminha
Sábado 10 setembro
- 11-13.00 Pavillón vello. Obradoiro de cabezudos
- 12.00 Campiño de Viloira. Fútbol de categorías infantil, cadete e xuvenil
- 12.00 Praza Andrés de Prada. Dous paiasos en máis apuros, teatro de Os sete magníficos +1
- 13.00. Campo da festa. Rilla no río, encontro de food trucks
- 13.00 Campiño de Viloira. Sesión vermú con A banda de Balbina
- 17.30 Estación tren. Saída tren para o descenso coa charanga Os palletas a bordo
- 18.00 Sobradelo. Saída do Descenso do Sil
- 19.00. Campo da festa. Concerto A banda de Balbina na zona de food trucks
- 21.00. Campo da festa. Festa dos piragüístas na zona de food trucks
- 21.00 Campo da festa. Verbena galega con Tiruleque
- 23.30 Campo da festa. Concerto La M.O.D.A
- 01.00 Campo da festa. Verbena galega con Sokram
- 2.30 Campo da festa. DJ Verbena galega con Mou Picadiscos
Domingo 11 setembro
- 10.30 Pavillón Calabagueiros. Circuito urbano familiar
- 11.00 Paseo do Malecón. Xornada de orientación
- 11-13.00 Pavillón vello. Obradoiro de cabezudos
- 11.00 Rúas da vila. Animación coa charanga Pándega
- 13.00 Praza Maior. Concerto Banda Municipal do Barco
- 13.00. Campo da festa. Día das pandillas co Karaoquiño na zona de food trucks
- 14.00. Campo da festa. Animación coa charanga Pándega na zona de food trucks
- 18.00. Malecón. Milla Urbana
- 18.00 Campo de Calabagueiros. Fútbol co encontro CD Barco-Deportivo de La Coruña B
- 19.00. Campo da festa. Rilla no río, encontro de food trucks
- 20.00 Praza Maior. Teatro infantil con Peter Prunk presentando A Chungatrona
- 21.00 Campo da festa. Concerto de Malvela
- 22.30 Campo da festa. Música co DJ ChS
Luns 12 setembro
- 11-13.00 Pavillón vello. Obradoiro de cabezudos
- 13.00 Campo da festa. Rilla no río, encontro de food trucks
- 17-19.00 Praza Maior. Música na tarde co DJ Ton y Son
- 17.00 Praza Maior. Obradoiro de cociña para nenos con Rocío Garrido
- 19.00 Praza Maior. Obradoiro de cociña para adultos con Rocío Garrido
- 19.00 1Campo da festa. Rilla no río, encontro de food trucks
- 22.00 Campo da festa. Concerto de Smokey Blue
Martes 13 setembro
- 11-13.00 Pavillón vello. Obradoiro de cabezudos
- 13.00 Campo da festa. Rilla no río, encontro de food trucks
- 19.00 Campo da festa. Circo na tarde con Kanbahiota
- 20.00 Teatro Lauro Olmo, Concerto de Miguel Arias e o pianista Jesús Garcimantin
- 21.00 Campo da festa. Sesión de tarde e verbena coa orquestra París de Noia
Mércores 14 setembro
- 08.00 Malecón. Madrugón, descenso a nado dende A Capitana
- 11-13.00 Pavillón vello. Obradoiro de cabezudos
- 11-14.30 Rúas da vila. Música co grupo Bregadiers
- 13.00 Campo da festa. Rilla no río, encontro de food trucks con música dos Bregadiers
- 13.00 Praza José Otero. Concerto da Banda de Música de Compostela
- 16.30-21.30 Rúa Academia Dequit. Actividades para nenos cun tobogán acuático
- 19.00 Praza José Otero. Concerto da Banda de Música de Compostela
- 21.00 Praza Maior. Concerto de Son do Sil
- 21.00 Campo da festa. Sesión de tarde e verbena coa orquestra Armonía Show
- 22.30 Beira do Sil. Lumes de artificio