viernes. 06.06.2025

BNG-Nós abre a precampaña na comarca

A precampaña electoral para as eleccións á Xunta do 25 de setembro colle pulo en Valdeorras. Onte visitou a comarca a cabeza de lista por Ourense do BNG-Nós para presentar a súa candidatura. Noa Presas estivo acompañada dos tamén candidatos Xesús Vilasánchez e Sofía Carril. No acto, celebrado no Malecón do Barco, acompañáronlle unha ducia de militantes e simpatizantes. Presas destacou que «ás políticas do PP condenaron historicamente a Valdeorras e a toda Ourense» poñendo a provincia «á cola das estatísticas de progreso e á cabeza das estatísticas de empobrecemento, despoboamento e desemprego».

O veciño de Valdeorras Xesús Vilasánchez, que vai de número dous na candidatura ourensana do BNG-Nós ó Parlamento galego, fixo fincapé no traballo «do nacionalismo sindical e político da comarca na consecución de solucións para os problemas reais das persoas e na loita contra o desmantelamento do Hospital de Valdeorras». Vilasánchez, traballor da sanidade, foi o candidato do BNG á alcaldía do Barco nas últimas Eleccións Municipais, non conseguindo representación.

BNG-Nós abre a precampaña na comarca