
A xunta de persoal do Hospital Comarcal de Valdeorras reclama a falta de asistencia da Estructura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, EOXI, nas últimas reunións solicitadas para tratar asuntos primarios. Por este motivo os sindicatos afincáronse no despacho do xerente do Hospital co fin de conseguir fixar unha reunión presencial con EOXI. "Hai mais dun ano que os de Xestión Primaria non veñen a Valdeorras nin dan instrucións á xerencia de aquí para resolver problemas. Por iso decidimos exercer presión e encerrarnos aquí ata que nos dean unha data", explicou Suso Vilasánchez, delegado sindical da CIGA.
A resposta non se demorou moito e, tras coñecer a existencia da protesta, a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada fixou un encontro para o vindeiro día 23 de febreiro ás 12 horas da mañá. Dende o Sergas pregúntanse cal é o problema, xa que defenden que o sistema de videoconferencias se leva a cabo entre todos os centros e tamén coa Consellería, co fin de facilitar as. Todos os centros sanitarios de Galicia están dotados con este sistema.
Dende a UGT, Víctor Pariente alegou que cando se requiren reunións presenciais para tratar determinados asuntos que conlevan negociacións, a EOXI responde cunha videoconferencia cando, segundo Pariente, "a Verín no tienen problema en ir y con la Junta de Personal de Ourense se reúnen cuando están allí... Nos sentimos ninguneados".
Reivindican tamén que as contratacións na función pública deben ser asépticas, e que eles teñen "serias dúbidas de que se estea xogando coa contratación", así o afirmou Suso Vilasánchez, da CIGA. Xa en agosto do pasado ano dende o sindicato denunciaron a posible existencia de contratos falsos. Agora, para evitar esta problemática, valorarán a creación dun protocolo de actuación en orde a futuras contratacións. Por iso, Vilafranca insta a EOXI a que se achegue a Valdeorras para resolver este, e outros temas de xestión primaria: "estamos pedindo negociar, que veñan aquí e negocien, ¿ou teñen medo de reunirse con nós?"
Dende os sindicatos consideran que o foco do problema se remonta ao pasado novembro, cando lles aseguraron que ía haber un fisioteraeuta e que se contratarían a cinco enfermeras, algo que a día de hoxe aínda non se fixo efectivo e, dende UGT, temen que non queiran reunirse con eles por non lidiar con este problema cara a cara.