sábado. 20.04.2024
somoscomarca_obarco_concello_margaridapizcueta_presentacion_letrasgalegas (2)
somoscomarca_obarco_concello_margaridapizcueta_presentacion_letrasgalegas (2)

Esta é a primeira vez que os homenaxeados nas Letras Galegas dun ano e do seguinte teñen un vencello moi especial. Florencio Delgado Gurriarán e Francisco Fernández del Riego levaron a cabo un traballo conxunto e unha cooperación moi especial que está detrás do éxito das empresas culturais realizadas no exilio mexicano na posguerra. Este feito inspirou o deseño do programa de actividades organizadas polo Concello do Barco para os próximos días.

O primeiro será o Concurso de Podcast, Don Paco en Liña no que se creará un espazo para que os escolares se acheguen ao estudo deste persoeiro a través dun código actual como é o podcats. Estes traballos serán divulgados despois nas redes do concello.

Entre os días 16 e 17 de maio realizarase a liberación de 400 libros. Serán libros divulgativos sobre os dous autores das letras e como non, libros escritos por autores da comarca ou sobre a comarca. Esta liberación farase en cooperación co Centro Comercial Aberto e coa Concellería de Turismo e Comercio. A liberación realizarase entre os clientes dos establecementos, que se inscriban na proposta, na praza do mercado do concello.

somoscomarca_obarco_concello_margaridapizcueta_presentacion_letrasgalegas (1)

O luns 15 de maio ás 20:00 no Salón Multiusos do Concello celebrase o coloquio "Os homes das letras, Francisco Fernández del Riego e Florencio Delgado Gurriarán". Participarán Ramón Nicolás, Catedrático en Lingua e literatura galega e profesor de secundaria e Ricardo Gurriarán, catedrático pola Universidade de Santiago de Compostela e historiador, de sobra coñecido nestas terras polos seus traballos e polo traballo biográfico sobre o poeta Florencio Delgado Gurriarán máis importante exhaustivo que temos

O martes 16 de maio ás 20:00h no Teatro Lauro Olmo, Concerto das Letras a cargo do Conservatorio e da Escola Municipal de Música.

O Día das Letras, 17 de maio, as 11.30 horas programouse o xa tradicional Maratón de lectura organizado pola asociación Vagalume no que os escolares serán os protagonistas. As 18:00 horas, no Teatro Lauro Olmo, celebrarase o contacontos O loitador da Galaxia, basado na vida e obra de Francisco Fernández del Riego da man de Raquel Queizás.

Xoves 18 de maio

As 10.30 horas comezará a gala do Concurso de Podcast Don Paco en Liña da man de Cristina de la Torre. No acto escoitaremos parte dos traballos presentados ao concurso e coñeceremos os gañadores da excursión a terras de Lourenzá.

As  20.30 horas celebrarase a estrea do filme Florencio na Terra. O director petinés Domingo D. Docampo estreará a versión definitiva da película baseada na vida do poeta valdeorrés.

Venres 19 de maio no Teatro Lauro Olmo, espectáculo musical infantil Consertasso na horta da man do artista Brais das Hortas. Xa o sábado 20, ás 11:00 horas, na Ludoteca, programouso un obradoiro de xogos e xoguetes populares. 

O Barco programa un amplo cartel de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas