José Fernández: «Foi unha época gloriosa onde catalogamos máis de 40 castros»

José Fernández, presidente da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudios Valdeorreses -IEV- fixo un repaso por algunha das anécdotas xurdidas en torno á película «Valdeorras pueblo a pueblo», filmada en Super8 e producida polo IEV en 1975. 

 

Este venres os valdeorreses tiveron a oportunidade de ver a proxección da película,  no marco das «Tertulias do IEV», un traballo que amosa a historia dos pobos e casas da época, en beta.

Fotografías e páxinas de periódicosnas mesas do Casino para quen quixese ver

O Casino do Barco foi o lugar elixido polo Instituto de Estudios Valdeorreses para a estrea da película que ten os pobos de Valdeorras coma protagonistas. O presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado e o presidente da sección de Arqueroloxía, José Fernández, presentaron o acto no que non faltou a poesía de Fernando Santos, recitada por el mesmo.

O primeiro andar do Casino do Barco encheuse 

Preguntado por este traballo, o responsable da sección de arqueoloxía, José Fernández, máis coñecido como «Pepe, o das pedras», destacou que esta película «fíxose nunha época onde o Instituto de Estudos Valdeorreses tiña un gran equipo, con Ferrer Sierra e Enrique Fernández, arqueólogo». Segundo indica, «parece ser que é unha copia que se fixo para Ramón Lopez Caneda. Despois, Roberto Iglesias e Servando Gómez a esconderan e Aurelio tivo a ilustre sorte de atopala». 

O presidente do Casino, Pablo Dobao en coversa con dosu dos asistentes

Nunha conversa con Onda Cero Valdeorras, puxo en valor o importante patrimonio que ten a comarca de Valdeorras, non sempre coñecido ou ben preservado. «Foi unha época moi gloriosa e de moitos éxitos para o Instituto, onde catalogamos máis de 40 castros». Durante ese periodo, os arqueólogos realizaron numerosos estudos de campo e maquetas de todas as pedras, as cales estiveron moitos anos na Casa Grande de Viloira, e que na actualidade poden verse nas diapositivas. 

Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV

Proba do inxente traballo feito, sinala, e que dende entón só apareceu un castro por riba de Pumares «e pouco máis». O principal lamento ten que ver coa falla de conservación de todo este vasto patrimonio. De feito, asegura que «moitas cousas xa non están». 

Fernando Santos puxo a nota poética a noite de tertulia

Ademais da proxección, esta actividade incluiu unha declamación poética a cargo de Fernando Santos, membro do IEV, e charlas sobre as excavacións arqueológicas cunha exposición sobre o grupo Os Escarbadores e unha intervención sobre o patrimonio da comarca.

Así foi a presentación do acto por parte de Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV