Florencio Delgado Gurriarán, «unha vida exemplar» co galeguismo

Florencio Delgado Gurriarán, «unha vida exemplar» co galeguismo

A figura de Florencio Delgado Gurriarán é a protagonista do 2022 en Valdeorras. Á espera do Día das Letras Galegas, os actos seguen sucedéndose na comarca. O último, este martes, cando se presentaba a reedición da biografía a cargo de Ricardo Gurriarán e, máis unha antoloxía poética dirixida por Xesús Alonso Montero —ambos da Editorial Galaxia—. 

No acto estiveron presentes ambos autores que fixeron unha loanza á figura de Florencio. Era Alonso, defensor da candidatura xa no 2002, lembraba que a clave desta conmemoración é «que se lea ao escritor. Sobre todo que nos centros escolares non só os alumnos de Bacharelato, senón tamén os da ESO, lean a Delgado Gurriarán». 

E, é que a obra de Florencio servirá a estes mozos para «levalo na memoria como un guía. É unha vida exemplar. É moi difícil atopar a alguén tan coherente coma el».

 

Público asistente ao acto de Florencio no Multiusos barquense

Alonso destacaba na presentación que Delgado Gurriarán foi un dos primeiros escritores da lingua galega. «A súa fidelidade coa lingua é verdadeiramente extraordinaria. Nin se queira os galeguistas daquela eran tan coherentes na práctica como el».

Na presentación tamén estiveron presentes o alcalde do Barco, Alfredo García, o rexedor de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro e a concelleira de cultura do Barco, Margarida Pizcueta.