
Novo curso dos obradoiros de estimulación cognitiva "Fiando (a) Memoria"
Algunhas das actividades que se levan a cabo son exercicios de memoria para mellorar a codificación, almacenaxe e recuperación da información

A concellería de Servizos Sociais, igualdade e sanidade do Concello do Barco promove unha nova edición dos obradoiros "Fiando a Memoria". Están abertas as inscricións para o novo curso dos obradoiros de estimulación cognitiva "Fiando (a) Memoria". Estes realizaranse unha vez á semana nos seguintes lugares e horarios:
Algunhas das actividades que se levan a cabo son exercicios de memoria para mellorar a codificación, almacenaxe e recuperación da información. Técnicas de expresión artística, exercicios e técnicas participativas para recuperar a memoria individual e colectiva. Así como exercicios de expresión oral e escrita e dinámicas corporais e de xogo.
Son un espazo de encontro e desfrute onde tamén recuperamos saberes comunitarios e patrimoniais do noso entorno. O curso pasado as máis de 40 mulleres participantes recuperaron a figura das furracas en Éntoma, a memoria do río en Viloira, probaron a facer cartografías textis en Veigamuíños, e reflexionaron sobre os espazos de encontro no Barco.
Estes obradoiros comezaron o 6 de novembro en Veigamuíños e Éntoma, e hoxe, 8 de novembro no Barco e en Viloira. Están a tempo de inscribirse as persoas que aínda non o fixeran.
As inscricións poden realizarse a través do 988 68 48 85 ou de maneira presencial no Concello Vello, 1ª planta, na secretaría de Servizos Sociais.
Tamén está aberto o prazo de inscrición para participar no encontro que se celebra este venres, 10 de novembro, na praza da Viloira, co Sil como elemento protagonista.