
Falece unha persoa diagnosticada con COVID-19 no Barco

A Consellería de Sanidade ven de informar do primeiro falecemento dun paciente, na segunda onda, diagnosticado con Coronavirus no Hospital Público de Valdeorras, tratándose dun varón de 84 anos de idade.
Así mesmo tamén se confirmou a existencia de 2 novos gromos por Coronavirus na localidade con 7 contaxiados, estes son de carácter familiar e afectan a 4 personas, 1 home de 40 anos, 1 muller de 35 e 2 cativos de 10 e 7 anos. O outro afecta a un varón de 42 anos, unha muller de 38 e un neno.
Tamén crece o número de positivos en 2 abrochos, aumentendo un deles de 6 a 7 afectados ao confirmarse a infección dunha muller de 42 anos, e outro de carácter social-familiar que pasou de 7 a 11 enfermos ao dar positivo 3 mulleres de 70 anos e unha de 60.
Actualmente son 9 os brotes activos na localidade afectando a un total de 47 persoas, 12 máis que no parte anterior correspondente ao xoves da semana pasada.