lunes. 09.06.2025

Éntoma celebra o seu Entroido enxebre cun encontro comunitario

Por terceiro ano consecutivo, as mulleres dos talleres "Fiando a Memoria" de Éntoma levaron a cabo unha celebración moi especial, recuperando tradicións grazas a un arduo traballo de documentación

Por terceiro ano consecutivo, as mulleres dos talleres "Fiando a Memoria" de Éntoma levaron a cabo unha celebración de Entroido moi especial, recuperando tradicións grazas a un arduo traballo de documentación. Este luns 3 de marzo, as participantes, organizadas pola concellería de Servizos Sociais do Barco, deron vida o seu Entroido máis enxebre.

somoscomarca_20250303_entroma_entroido_furracas_farrapeiros (39)

Nesta ocasión, reviviuse a figura das furracas, que adoitaban saír á tardiña do sábado de Entroido. Estas personaxes, co rostro cuberto e con barrigas ou chepas, tiñan a misión de visitar as casas e xogar coa xente. Non podían revelar a súa identidade ata que alguén as recoñecía; nese momento, mostraban a súa cara e ofrecían unha invitación á festa.

somoscomarca_20250303_entroma_entroido_furracas_farrapeiros (28)

Ás 17:00 horas, comezou a celebración cunha divertida fariñada, onde todos os presentes uníronse á diversión, incluíndo un animado baile. Posteriormente, tivo lugar o desfile das furracas e os zamarreiros polas rúas do pobo, encabezado por un "Folión" improvisado polos nenos de Éntoma, quen encheu de alegría o percorrido.

Para finalizar a xornada, ofreceuse unha merenda comunitaria que incluiu unha deliciosa chocolatada acompañada de doces típicos de, pechando así unha celebración chea de tradición e camaradería.

Éntoma celebra o seu Entroido enxebre cun encontro comunitario