sábado. 07.06.2025

O día 2 celebrase o mercado de segunda man no Paseo do Malecón

Dentro da Campaña de reciclaxe 2017 impulsada dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello, decidiuse a posta en marcha dunha nova iniciativa aberta a todos os cidadáns para o fomento das 3R´s. Tratase dun MERCADO DE 2ª MAN, que terá lugar no Paseo do Malecón (zona do Casino) o día 2 de xullo , de 11,00 a 15,00 horas, e no que se poderán poñer á venda obxectos usados: libros, xoguetes, roupa, … etc. Deste xeito preténdese alongar a vida útil de utensilios e produtos cotidiáns, evitando que rematen no colector antes de tempo.

A inscrición para tomar parte neste mercado de segunda man, para o que se instalarán as casetas que sexan precisas, deberá realizarse nas oficinas de medio ambiente ( 1º andar, Ed. Multiusos ) con data límite o día 29 de xuño. Poderán inscribirse todas as persoas que o desexen, e que queiran por a venda obxectos usados.

O día 2 celebrase o mercado de segunda man no Paseo do Malecón