
Desaloxada a residencia Nuestra Señora de Fátima por unha alarma de incendio

A residencia de anciáns Nuestra Señora de Fátima de O Barco foi desaloxada esta mañá debido a un aviso de incendio. Arredor das 10 horas, a alarma contra lumes alertou ós responsables da residencia, que procederon co protocolo para evacuar o edificio.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Valdeorras, os GES e a Policía Local do Barco, se ben non foi necesaria a súa intervención. O lume non chegou a desatarse e os técnicos buscaban a orixe da alarma que podería deberse a un cortocircuito na rede eléctrica do centro. Arredor das 12 da mañá –hora á que corresponde a fotografía,–o centro xa recuperara a normalidade.