
José María Rodríguez, presidente do Club Groucho Marx

Guti estreou curta na Semana de Cine








Coa súa nai, Marisa


Coa súa nai Marisa Herrera e o seu irmán Pablo
Cristina de la Torre, xornalista, consultora de comunicación, produtora audiovisual, creadora de contidos e, todo o que a ela se lle «antoxe», xa ten a súa butaca no Teatro Lauro Olmo. É a primeira muller en ter este merecido recoñecemento e como muller e loitadora quixo compartilo con todas as que como ela traballan en prol da cultura na comarca, que «somos moitas», recalcou.
Na gran pantalla, Anxo Santomil, realizou un tráiler no que se fixo un repaso pola vida profesional de Cristina de la Torre, unha selección desde o 2005 ao 2022 para expoñer un pouco do tanto que leva feito: documentais, traballos con escolares, traballos corporativos, anuncios.

Non faltaron as referencias ao seu primeiro documental no 2007, «Apartado 12», sobre a polémica instauración da fábrica na Rúa, na que decidiu que se tiña que implicar como ela podía e sabía, contándollo á xente. Un tema complicado e controvertido para unha xornalista que acababa de comezar a súa carreira profesional e a que asúa nai ao vela tan tensa e preocupada lle espetou: «Porque non fais documentais de animais?»
A súa participación na produción de «Santoalla», o seu paso pola televisión local de Chantada, Tele 20, e coma non recordo obrigado a «Versión Valdeorras», o cine da comarca en tempos de pandemia. «Foi un proxecto moi especial que me a emocionou cando o fixen e agora ao acabalo de velo na homenaxe», subliñou .

«O que sucede con Versión Valdeorras é o que sucede con todas as pelis, que compartimos un obxectivo, sexa o que sexa, cando temos un obxectivo compartido funciona, e si aínda encima o facemos con amigos e familia que no cine e nas industrias creativas todo se fai con eles xa que traballamos sempre un pouquiño axustados, moitísimo mellor». E, é que Cristina pon a alma e o corazón en todo o que fai e iso reflíctese nos seus traballos.

Pouco amiga de estar ao outro lado da cámara, onte tocoulle ser a protagonista da súa historia e claro que si contou co apoio e a complicidade de todos os que a acompañaron.
Irónica, agarimosa, con certo pudor e chea de saber dedicoulle unhas palabras aos presentes: «Graza a todos por estar aquí e o agradecemento máis especial fágollo o Cineclub Groucho Marx por escollerme por esta homenaxe algo estrana, para min, e a Santomil e José María que sei que o fai porque me ten aprecio», comezou a homenaxeada.

De la Torre recalcou a labor do presidente do cine club por ser unha persoa que ama o cine e sabe moito del. «É a persoa que fixo que Santoalla se estrease en España porque me insistiu moitísimo que tiñamos que traer Santoalla a Valdeorras, e a verdade é que foi un acerto».

Destacou o traballo das mulleres en prol da cultura, na comarca, e o feito de ser a primeira en ter esa butaca «que non se quede aí e que haxa moitas máis». Crear cultura e crear Valdeorras fixo mención a Versión Valdeorras que segundo ela mesma subliña «creo que foi o motivo polo que eu teño esta butaca». «O que sucede con Versión Valdeorras é o que sucede con todas as pelis, que compartimos un obxectivo, sexa o que sexa, cando temos un obxectivo compartido funciona, e si aínda encima o facemos con amigos e familia que no cine e nas industrias creativas todo se fai con eles xa que traballamos sempre un pouquiño axustados, moitísimo mellor».

« Á familia, ós amigos, ós colegas profesionais, sigamos co vento a favor contando historias que nos fagan soñar conversando e atopándonos nela coma aquí neste cine onde nos viremos atopar para contar máis historias, pero aquela butaca é miña», con estas verbas rematou a homenaxeada o seu discurso.
Vídeo do discurso íntegro de Cristina de la Torre:
O mestre de cerimonias non foi outro que o presidente do Cineclub Groucho Marx, José María Rodríguez, quen comezou o acto dando as grazas ao Concello. «Quero agradecer como siempre ao Concello de Barco que nos permite coa súa tolerancia, insistencia e perseverancia dispoñer desta sala e desta cámara (en referencia á proxección) que esperemos que funcione», e é que por mor das altas temperaturas na sala o ordenador onde estaba almacenada a información non era capaz de arrincar.
Vídeo da presentación da XXXI Semana de Cine e intervención de Guti González:
Tivo un especial agradecemento a autora do cartel, Luisa Rodríguez Caperán, «una nena de aquí, desa cousa que parece que non funciona, pero si que funciona, é a filla dun barquense casada cunha da rúa, digo, porque levo unha semanaaaa». Despois da presentación o tráiler de Anxo Santomil , para quen pediu un aplauso xa que «sempre está dispoñible para que esta Semana de Cine poda seguir adiante», a proxección da curta de Guti González,« A man invisible».

Guti agradeceu particularmente e en especial aos seus pais, o apoio. «Detrás de cada proyecto audiovisual hay mucho apoyo, trabajo, dinero, medios, gente», recalcó. Non faltou o agradecememto a Lara Rodríguez, xefa de producción e por suposto a Dani Martínez e á familia deste. «Hay una persona ahí que está controlando todo el tema técnico, ha editado el coro, su familia nos ha ayudado muchísimo en Vigo, porque ha conseguido extras, figuración y en el rodaje ha sido el chico para todo, desde luces claqueta, un aplauso para él», pediu Guti para o seu compañeiro de Pentarumbas. «Es de esa gente que no vemos pero que hace que las cosas funcionen», rematou.

Unha placa copia da que ten a butaca, unha camiseta da trixésimo primeira Semana de Cine e uns bonos para ir ver ás proxección foron os agasallos que recibiu a homenaxeada a gran Cristina de la Torre Herrera.
No seguinte vídeo poderás ver o programa especial da XXXI Semana de Cine, en Radio Valdeorras Onda Cero. Contou coa presenza da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, o presidente do Cineclub Groucho MarX, José María Rodríguez, o autor da curta «A man invisible», Guti González e a homenaxeada, Cristina de la Torre Herrera.