viernes. 19.04.2024

Os concertos que foron anulados nas Festas do Cristo de este 2021 xa teñen nova data. Así o anunciou en roda de prensa a concelleira de Cultura do Concello do Barco, Margarida Pizcueta, quen informaba que Susana Seivane visitará o municipio o día 12 de novembro e Tanxugueiras o día 13. Farano baixo o cartel “ Polo San Martiño, música no Camiño”.

Susana Seivane porá o venres 12 o toque musical ás 20:30 horas na praza de Andrés de Prada e, o sábado 13 de novembro, terá lugar a actuación de Tanxugueiras á mesma hora e no mesmo lugar. Ocuparase, ademáis, a Rúa Academia Dequidt para garantir a distancia interpersoal requirida a causa da Covid-19.

A concelleira destaca que o programa para o San Martiño deste ano é para todos os públicos. Anima a todos os vecinos a disfrutar das actuacións, xa que o pasado mes de setembro canceláronse a causa do asasinato da moza Leticia Sanabria, ocurrido na súa casa da Avenida Conde de Fenosa o día 10 dese mesmo mes.

Os concertos aprazados das Festas do Cristo xa teñen data