Concentración en defensa da sanidade pública este xoves diante do Hospital de Valdeorras

Concentración en defensa da sanidade pública este xoves diante do Hospital de Valdeorras
Desde a CIG fan un chamamento á participación da cidadanía, ao considerar que a saúde está en risco se non se actúa con urxencia para frear a degradación dos servizos

A central sindical CIG anunciou a convocatoria dunha concentración para este xoves, 15 de maio, ás 20.00 horas diante do Hospital Público de Valdeorras. A mobilización foi comunicada a través dunha nota de prensa na que a organización denuncia o deterioro progresivo da atención sanitaria no distrito sanitario da comarca.

Segundo explican, a protesta busca reclamar a recuperación dos servizos asistenciais perdidos e alertar sobre o que consideran unha situación inadmisible tanto polos recortes como pola desatención ás necesidades reais da poboación. A central tamén critica a falta de diálogo coas asociacións de pacientes, coa veciñanza e coas profesionais do sector sanitario.

Desde a CIG fan un chamamento á participación da cidadanía, ao considerar que a saúde está en risco se non se actúa con urxencia para frear a degradación dos servizos.